Miscelánea en movemento | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da área de Igualdade, desenvolve un programa de actividades en movemento para persoas adultas e tamén destinadas a público familiar e que teñen como obxectivo favorecer a conciliación laboral e familiar co ocio. 

As actividades vanse desenvolver entre os meses de xaneiro e febreiro de 2023. 

Todas as actividades son de balde. 

 

Taller de iniciación ao baile tradicional coa Asociación Xilbarbeira 

Destinado a familias (todas as idades a partir de 3 anos). 

Domingos 22 e 29 de xaneiro e 5 e 12 de febreiro, 12.00 horas - Local multiusos do Mercado Municipal de Boiro. 

 

Ximnasia hipopresiva con Verónica Couselo (Pilates Boiro) 

Sábado 28 de xaneiro, 11.00 horas - Centro Social de Boiro

 

Obradoiro de iniciación ao SWING! con Carlos Tomico 

Sábado 4 de febreiro, 11.00 horas - Local Leñaverde do Centro Social de Boiro 

 

Taller de equilibrio en movemento con Susana Muñiz 

Sábado 11 de febreiro, 18.00 horas - Centro Social de Boiro (2º andar) 

 

Inscricións

Entre o 12 e o 30 de xaneiro de 2023 no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

Máis información 

Concello de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

|