O Concello de Boiro celebra o xoves día 23 o Pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.
A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.
Orde do día da sesión:
1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 25 de xullo.
2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 27 de xullo.
3. Resolución de alegacións e aprobación provisional da modificación puntual do PXOM Vial Conexión DP-1107 e DP-1106.
4. Modificación de créditos.
5. Resolución reclamación da CMVMC de Abanqueiro para excluír do inventario municipal a parcela con referencia catastral 15011a012004210000XP.
6. Designación de festivos locais 2027.
7. Irmandamento entre os municipios de Boiro e Elciego.
8. Moción do grupo municipal do BNG en apoio ás traballadoras do comercio de alimentación da provincia da Coruña.
O Concello de Boiro ten preparado, con motivo das Festas do Verán 2026 que se celebran do 3 ao 8 de xullo, un dispositivo especial de seguridade que contempla o aumento de efectivos na rúa, un posto de mando avanzado e a regulación do tráfico para evitar retencións.
Para o aumento da seguridade cidadá o Concello de Boiro contará este ano por primeira vez cun Posto de Mando Avanzado, un sistema de viodeovixilancia que permite controlar, en tempo real, os distintos puntos neurálxicos da festa. Ademais contase, como cada ano, co reforzo das patrullas da Policía Local.
Cortes de tráfico
Debido á montaxe e instalación das distintas infraestruturas para o desenvolvemento dos festexos, durante as festas produciranse diversos cortes de rúa. A Avenida da Constitución atopase xa cortada ao tráfico nun dos carriles para a montaxe das atraccións da festa; o carril de baixada cortarase todas as noites pero queda libre para o tránsito durante o día.
Debido á tirada de fogos de artificio prevista para a medianoite do domingo, non se poderá estacionar nin circular na Avenida da Avellaneda dende a Manuel María ata a Traballadoras do Mar a partir das 15.00 horas do domingo.
O mércores día 8, último día da festa estará cortada ao tráfico a rúa Principal para a verbena da Praza de Galicia, polo que os desvíos para a saída de Boiro se deben facer por Ponte Goiáns ou Espiñeira e os accesos a aparcamento pola rúa Francisco del Rio Romero. Tamén estará cortado ao tráfico a rúa Salvador Allende para o concerto da Praza da Mancomunidade.
En todo momento estarán garantidos os accesos a garaxes e vivendas e o paso de vehículos de emerxencias.
Aparcamentos habilitados
En canto aos espazos de aparcamento habilitados con motivo das Festas do Verán o Concello de Boiro manterá aberto o aparcamento da Praza de Galicia as 24h, agás o mércores día 8 que non se poderá acceder- Tamén estará aberto as 24h o aparamento da praza de A Boqueira de A Negral.
A maiores o Concello de Boiro habilitou un novo espazo de aparcamento na zona de Espadañal e espazos de aparcamento na Av. da Constitución na zona da Boliña con acceso pola estrada de Abanqueiro e Av. da Constitución. O aparcamento da Mancomunidade estará dispoñible para o seu uso todos os días agás o mércores día 8.