Oficina Municipal de Orientación Laboral
Introdución
O Concello de Boiro a través do seu Departamento de Emprego ten como meta aunar e coordinar os recursos e potencialidades do concello co fin de xerar emprego, desenrolo social, promoción económica, riqueza e mellorar a calidade de vida dos/as cidadáns a través do emprego.
En primeiro lugar dando a coñecer o Servicio de Orientación da Rede de Centros Asociados do Servizo Galego de Colocación que é como a Xunta chama ó seu Servicio Público de Emprego.
O Servicio Público de Emprego de Galicia a través da Consellería de Traballo conta con centros propios da Xunta: as Oficinas de Emprego e tamén con centros asociados como o noso oCentro Asociado Concello de Boiro.
Na oficina de Emprego de Boiro os desempregados demandan o servicio de colocación é dicir, participar nas ofertas de emprego, pero tamén existen outros servicios que poden solicitar como orientación, formación e outros. As accións que se derivan deles están confinanciadas polo F.S.E. (Fondo Social Europeo).
En Orientación o noso obxectivo é:
- Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional.
- Actualizalo currículum vitae de cada demandante de emprego.
- Optimizar a oferta formativa existente, asesorando sobre os cursos de Formación Ocupacional.
- Compatibilizando a demanda de cada persoa coa oferta de traballo existente.
- Potenciar e activar o desenvolvemento dos recursos persoais e competencia do demandante para mellorar a súa integración no mundo laboral.
- Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer o nivel de cualificación e empregabilidade en función do mercado laboral.
- Motivar e reforzar a súa implicación no proceso.
En concreto, os eixes estrátexicos de traballo que se desenvolve seguindo os obxectivos do departamento en Orientación Laboral son:
- Facilitar o acercamento dos desempregados/as ó mercado de traballo.
- Entrevista en profundidade para coñecer o perfil profesional - ocupacional.
- Asesoramento para a elaboración e adecuación do c.v.
- Entrenamento nas técnicas de busca activa de emprego.
- Optimizar a inserción laboral, analizando as competencias ou capacidades de cada demandante e creando un itinerario profesional.
- Itinerarios Formación - Emprego para cada demandante.
- Contribuír ó desenvolvemento de traballo de calidade.
- Proporcionar informaión profesional dentro do ámbito territorial onde se busca emprego.
- Planificar a busca activa de emprego.
- Desenvolver o estíritu e a cultura emprendedora.
- Enquisa - seguimento.
CÓMO CONSEGUIR A TÚA PROPIA ORIENTACIÓN ?
É moi sinxelo, únicamente tés que estar inscrito no Servizo Público de Emprego. Na Oficina de Emprego ou no Centro Asociado Concello de Boiro podes solicitar a túa orientación profesional.
Contacto
Praza de Galicia, s/n. 15930. Boiro (A Coruña) Ed.Consistorial
981842609
Fax: 981844008
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.