Xantar de Confraternidade da Terceira Idade | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro venres 9 de febreiro o Xantar de Confraternidade da Terceira Idade, unha cita anual para as persoas xubiladas maiores de 65 anos.

O xantar está previsto para 500 comensais e terá lugar o venres 9 de febreiro ás 14.00 horas no pavillón de Barraña con música e baile. 

O prezo da comida será de 25 euros e poderanse inscribir no mesmo prazo as persoas empadroadas e non empadroadas maiores de 65 anos ou que acrediten a condición de xubilación. Poderase efectuar o pago con tarxeta no momento da inscrición e tamén se poderá facer a reserva previa de mesa.

Para inscribirse é preciso o DNI de todos os solicitantes. 

 

Prazo de inscrición 

Do martes 30 de xaneiro ao martes 6 de febreiro en horario de 10.00 a 12.00 horas no 2º andar do Concello de Boiro. 

|