Proceso selectivo: auxiliares policía local 2023

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de seis auxiliares de policía local para o exercicio 2023.

O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modaliade contractual laboral temporal. 

O BOP núm. 66 do 5 de abril de 2023 publica as bases da convocatoria. 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (25/04/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva e convocatoria de exame (05/05/2023), que se pode consultar aqui

Publicados os resultados provisionais das probas (10/05/2023), que se poden consultar aqui

Publicados os resultados definitivos das probas (23/05/2023), que se poden consultar aqui

Publicadas as correccións dos resultados definitivos (24/05/2023), que se poden consultar aqui

 

Prazo de presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes para participar deste proceso selectivo será de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 21/04/2023. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter feitos os dezaoito anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Ter a nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea. 

- Ter superada a educación secundaria obrigatoria, título de graudado escolar ou equivalente, correspondente ao grupo C, subgrupo C2. 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administación pública. 

- Carecer de antecedentes penais por delito doloso. 

- Presentar un informe de saúde que faga constar expresamente que a persoa aspirante reúne as condicións físicas e psíquicas para realizar os exercicios físicos que se especifiquen na correspondente proba de oposición. 

 

 

|