Proceso selectivo: bolsa de emprego oficial de obras e servizos C2

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de oficial de obras e servizos municipais correspondente ao grupo C2

O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada para o caso de substitucións e ausencias ou reforzos. 

O BOP núm. 19 do 29 de xaneiro de 2026 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa

- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvovlemento das tarefas do posto 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario o servizo de ningunha administración pública 

- Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente 

Prazo de presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases e convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

A instancia de solicitude e toda a documentación requerida deberá presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

Proceso selectivo: técnicos/as A1 (bolsa de emprego)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de técnicos A1 para a cobertura, mediante nomeamento temporal, de reforzos e ausencias puntuais que se produzan nos departamentos de intervención e secretaría. 

O sistema de acceso será mediante oposición libre. 

O BOP núm. 197 do mércores 15 de outubro de 2025 publica as bases da convocatoria que se poden descargar AQUI

Publicada a relación inicial de persoas admitidas e excluídas (31/10/2025), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (17/11/2025), que se pode consultar aqui

Publicadas as publicacións provisionais do primeiro exercicio (26/11/2025), que se poden consultar aqui

Publicada a resolución de alegacións e proposta de bolsa de emprego (11/12/2025), que se pode consultar aqui

 

Requisitos das persoas candidatas 

- Estar en posesión do título universitario oficial de grao

- Posuír a nacionalidade española 

- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública 

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para o desempeño das funcións 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS NATURAIS a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases e convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

A instancia de solicitude e toda a documentación requerida deberá presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

Proceso selectivo: socorristas acuáticos 2025

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para socorristas acuáticos en espazos naturais durante o ano 2025 para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais.

Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral. 

O sistema de acceso será mediante oposición libre destinado a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego na especialide de socorristas. 

Bases da convocatoria AQUI 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (16/06/2025), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (19/06/2025), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (20/05/2025), que se poden consultar aqui

Publicada a proposta de contratación (26/06/2025), que se pode consultar aqui

 

Requisitos das persoas candidatas 

- Pertencer a calquera os Estados asinantes do Tratado da Unión Europea e o Acordo sobre o Espazo Económico Europeo 

- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo 

- Non estar afectado por motivos de incompatibilidade 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública 

- Estar en posesión de, como mínimo, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. 

- Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia

- Ser desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego. 

 

Prazo de presentación de solicitudes 

Inscrición na oficina de emprego (SEPE). 

 

 

Proceso selectivo: administrativo/a (funcionario de carreira)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de administrativo/a (funcionario de carreira). 

Tratáse dunha praza da subescala e categoría administrativa, correspondente ao subgrupo C1 e complemento destino (nivel) 18. 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición. 

O BOP núm. 129 do 9 de xullo de 2025 publica as bases da convocatoria, dispoñibles AQUI

O BOE núm. 172 do 18 de xullo de 2025 publica a convocatoria. 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluidas (27/08/2025), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluidas e convocatoria de exame (07/10/2025), que se pode consultar aqui

Publicados os resultados provisionais do primeiro exercicio (24/10/2025), que se pode consultar aqui

Anuncio do tribunal polo que se MODIFICA a data prevista para o segundo exercicio da oposición, que se pode consultar aqui

Publicada a resolución de alegacións (13/11/2025), que se pode consultar aqui

Publicada a primeira parte das correccións (17/11/2025), que se poden consultar aqui

Publicados os resultados provisionais do segundo exercicio (17/11/2025), que se poden consultar aqui

Publicada a resolución de alegacións e puntuacións definitivas (03/12/2025), que se poden consultar aqui

Publicada a acta do tribunal de resposta de alegacións (04/12/2025), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais da fase de concurso (11/12/2025), que se poden consultar aqui

Publicadas a resposta ás alegacións, puntuacións definitivas, proposta de nomeamento e bolsa de emprego (17/12/2025), que se pode consultar aqui

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Posuír ou estar en condicións de obter o títuli de bacharel ou técnico; así como equivalencias

- Posuír a nacionalidade española 

- No ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública 

- Posuír as capaciades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias par a desempeño das funcións 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes será de VINTE DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE. 

As solicitudes deberán presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Proceso selectivo: peóns servizos varios

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de peóns de servizos varios. 

Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal para o caso de substitucións, ausencias ou reforzos e o sistema de acces será mediante oposición libre. 

O BOP núm. 96 do 22 de maio de 2025 publica as bases da convocatoria que se poden consultar AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (06/06/2025), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (16/06/2025), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (18/06/2025), que se poden consultar aqui

Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de contratación (30/06/2025), que se poden consultar aqui

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidde española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder aquela para a xubilación forzosa.

- Posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibiliade ou incapacidade. 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título ou certificado de escolaridade, estudos primarios ou como mínimo 2º da ESO ou equivalente. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

As persoas interesadas en formar parte deste proceso deberán presentar as súas instancias (dispoñibles nesta páxina) no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro, acompañadas da documentación acreditativa de cumprir cos requisitos para o posto.

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS HÁBILES, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases. 

 

|