Entroido 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza un programa completo de actividades para o Entroido 2024 que conta coas propostas de entidades do municipio para facer un programa pensado para todos os públicos. 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Venres 9 de febreiro

20.30h, rúa peonil - As Abadesas e charanga TNT 

Sábado 10 de febreiro

19.00h, campo de Revelar - XV festa da Orella na Boliña (organiza: Comisión de festas da Boliña) 

23.00h, Praza de Galicia - festa de Entroido Peñas Boiro AC 

Domingo 11 de febreiro 

17.00h, rúa peonil - desfile infantil (saída da Praza da Mancomunidade) 

18.00h, Praza de Galicia - festa infantil con DJ Matrek 

Luns 12 e mércores 14 de febreiro 

10.30h, Centro Social de Cabo de Cruz - obradoiro de Entroido 

Martes 13 de febreiro 

18.00h, rúas de Boiro - desfile e concurso de Entroido 

19.30h, Praza de Galicia - DJ Matrek 

Domingo 18 de febreiro - día dos enterros nas parroquias 

11.00h - enterro do Farruco en Cabo de Cruz 

11.30h - desfile do entroido crucense 

13.30h - enterro da Cunca en Praia Xardín 

16.30h - enterro do Óso en Abanqueiro 

18.00h - enterro do Felipiño en Escarabote 

 

 

 

|