Cabalgata de Reis 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro luns 5 de xaneiro de 2026.

A saída da comitiva real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e chegará á Praza de Galicia pola rúa Principal. Na Praza de Galicia haberá unha gran recepción ás SSMM os Reis Magos de Oriente, onde todos os nenos e nenas terán oportunidade de pedirlle os regalos de última hora. A comitiva regresará, como de costume, a Escarabote e rematará o percorrido na Agramuíña.

Para garantir a inclusión, a cabalgata contará cun tramo sen ruído e sen luces, que se fará na rúa Principal, no tramo comprendido entre as interseccións coa Av. de Compostela e a rúa Salvador Allende.

A comitiva está formada por 8 carrozas, incluídas as do tres Reis Magos, o nacemento e os camelos. Contará tamén con animación musical a cargo da banda OJE de Ferrol, o grupo Arume, Os Caraveiros e a charanga Equipo B.

Para a recepción das SSMM, na Praza de Galicia haberá preparada unha gran festa con chocolatada e animación con DJ Matrek dende as 17.30 horas.

 

Como xa é tradición, as Raíñas Magas adiantaranse ás SSMM e visitarán todas as parroquias do municipio o domingo 4 de xaneiro durante todo o día facendo o seguinte percorrido:

11.30h - Abanqueiro (Centro Social) 
12.30h - Cespón (Casa dos veciños) 
13.30h - Bealo (unitaria de Ponte Beluso) 
16.00h - Macenda (Campo de Golf) 
17.00h - Cures (Centro Social) 
18.00h - Escarabote (Centro Social)
19.00h - Cabo de Cruz (Centro Social) 
20.00h - Boiro (Praza de Galicia) 

Programación cultural Nadal 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro programa para o Nadal 2025 propostas lúdicas e actividades pensadas para os mais cativos e que contemplan tamén os festivais das asociacións culturais do municipio. 

Esta programación complementase coas propostas que leva a cabo a ABE no marco da campaña “Boiro, corazón do Nadal” que se vai desenvolver entre o 10 de decembro e o 3 de xaneiro e que buscan incentivar as compras no comercio local. 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 

  • Actividades

Domingo 14 de decembro, 17.30h – local multiusos do Mercado Municipal | Paco Nogueiras. “C@nto contigo

Sábado 20 de decembro, 18.00h - local multiusos do Mercado Municipal | Dani García. “Maxia entre liñas”

Venres 26 de decembro, 18.00h - local multiusos do Mercado Municipal | Charo Pita. “A familia papaventos”

Sábado 27 de decembro, 18.00h - local multiusos do Mercado Municipal | Luis Vallecillo. “Neofalante!”

Luns 29 de decembro, 16.00h – Praza de Galicia | Teatro Circo Danza. “Deixar”

Martes 30 de decembro, 19.45h - local multiusos do Mercado Municipal | concerto Versionettes

Domingo 4 de xaneiro | As Raíñas Magas visitan as parroquias

Luns 5 de xaneiro | Gran Cabalgata de Reis

  • Festivais

Domingo 14 de decembro, 17.00h –Abanqueiro | Asociación Cultural de Abanqueiro

Domingo 14 de decembro, 17.30h – pavillón da Cachada | Xilbarbeira

Domingo 21 de decembro, 18.00h – pavillón da Cachada| Cen Pliés

Domingo 21 de decembro, 18.00h – Casa dos Veciños Cespón | Abeloura

Domingo 28 de decembro, 18.00h – Pavillón da Cachada | AC Pedra da Aroña

Mes da danza 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra durante este setembro unha nova edición do mes da danza con actuacións de grupos locais e compañías profesionais.

Venres 5 de setembro, 20.30h - Pazo de Goiáns 
"O pequeno principe" - Cen Pliés

Sábado 6 de setembro, 17.00h - San Roque (Cespón) 
Encontro Tradicional de San Roque - Abeloura 

Domingo 7 de setembro, 19.00h - Praza de Galicia
Ballet Folclórico Galego 

Domingo 17 de setembro, 19.00h - Pazo de Goiáns 
Xilbarbeira e Abeloura 

Venres 19 de setembro, 20.30h - Pazo de Goiáns 
AC Pedra da Aroña e Grup Folkcloric Tramuntana (Menorca) 

Sábado 20 de setembro, 20.30h - Pazo de Goiáns 
"Ceibe" - Fran Sieira 

Domingo 21 de setembro, 19.00h - Pazo de Goiáns 
Ballet con AC Pedra da Aroña 

Sábado 27 de setembro
Serán das Angustias 

 

*As actuacións do mes da danza contarán cunha entrada solidaria de 3 euros que serán doados a distintas entidades e asociacións do ámbito social.

Ciclo de cine Mestre Mateo 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro acolle unha nova edición do ciclo de cine Mestre Mateo, un proxecto impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Deputación da Coruña para a proxección dos filmes finalistas dos premios Mestre Mateo.

As proxeccións serán todos os domingos de outubro e novembro ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. 

PROGRAMA 

5out | +Cuñados

12out | As Naves 

19out | Filmei páxaros voando 

26out | Xustiza Artificial 

2nov | Aurora 

9nov Honeymoon

16nov | curtametraxes 

23nov | Prefiro Condenarme 

30nov | Salvaxe 

Festas de Boiro 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra as súas Festas do Verán 2025 entre o 4 e o 9 de xullo cun programa de activiades destinadas para todos os publicos. 

 

PROGRAMA

Venres 4 de xullo 

20.00h - foguetes dando comezo ás Festas de Boiro 2025

20.30h - pasarrúas coa charanga BB+

22.00h - pregón en homenaxe á mocidade referente boirense na Praza de Galicia

22.30h - verbena coa orquestra New York na Praza de Galicia 

23.00h - concerto: Montedapena + Curi na Praza da Terceira Idade 

23.00h - V Remember fest e Peñas Boiro AC no Parque da Cachada 

Sábado 5 de xullo 

10.00h - alborada a cargo de Os Pequenos do Barbansa 

12.00h - festa da malla na Praza de Galicia coa Asociación Abrañeira, baile galego con Pedra da Aroña e concerto de Lumieira 

22.30h - verbena coa orquestra La banda de Ayer na Praza de Galicia 

23.00h - concerto: De Ninghures na Praza da Terceira Idade

24.00h - concerto tributo a Joaquin Sabina na Praza de Galicia 

Domingo 6 de xullo 

10.00h - alborada a cargo de Ar de Loureda 

12.00h - baile galego con Abeloura, Xilbarbeira e grupo de baile de Abanqueiro na Praza da Terceira Idade 

12.00h - sesión vermú co grupo Tregua na rúa peonil

20.00h - concerto da Banda de Música de Rianxo na Praza da Terceira Idade

22.00h  - verbena coa orquestra Suavecito na Praza de Galicia 

24.00h - gran espectáculo piromusical con Fran Sieira na praia de Barraña 

01.00h - orquestra Origen na Praza de Galicia 

Luns 7 de xullo 

10.00h - alborada a cargo do grupo Arume 

12.00h - cantos de taberna cos grupos Os da Boina e Mar de Cabo 

12.00h – Día das Peñas no Parque da Cachada:

  • Xogos peñeiros
  • Festa infantil
  • Festa da auga e mangueirazo de honra
  • Sesión vermú
  • Xantar peñeiro
  • Sesión DJ

21.00h - concerto familiar con Uxía Lambona e a Banda Molona na Praza da Terceira Idade 

22.30h - verbena orquestra Assia na Praza de Galicia 

23.30h - tributo a U2 na Praza de Galicia 

Martes 8 de xullo 

10.00h - alborada a cargo do grupo Arume 

12.00h - cantos de taberna con A Dorniña de Abanqueiro e Xoaniñas 

22.30h - verbena coa orquestra Marbella na Praza de Galicia 

23.00h - concerto de Pava + Señora DJ na Praza da Terceira Idade

24.00h - orquestra Paris de Noia na Praza e Galicia 

Mércores 9 de xullo 

10.00h - alborada a cargo do grupo Arume 

12.00h - cantos de taberna con Nunca é Tarde e Aires do Marbella 

13.00h - sesión vermú con The Cuncas na rúa peonil 

22.00h - show de DJ Matrek na Praza de Galicia 

23.00h - concerto de Hugo Guezeta na Praza da Terceira Idade

23.00h - orquestra Panorama na Praza de Galicia  

2.30h - fin de festa con DJ Matrek na Praza de Galicia 

|