Pleno ordinario do 23 de novembro de 2023 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra este xoves día 23 ás 20.00 horas a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro.
O Pleno poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.
Orde do día da sesión:
- Aprobación inicial, se procede, do ditame dobre o Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Boiro.
- Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación da Ordenanza Fiscal núm. 12 reguladora da Taxa polo servizo de cemiterios.
- Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación do regulamento do funcionamento do servizo de axudas técnicas.
- Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas no concello de Boiro.
- Aprobación, se procede, do ditame de aprobación da encomenda de xestión á Mancomunidade de Concellos Ría de Arousa Zona Norte para a realización das accións e tramitacións das licitacións recollidas na solicitude da axuda tramitada co expediente TUR.CAMINO2022-011.
- Moción do grupo municipal do BNG en relación coa celebración do día 25 de novembro.
- Moción do grupo municipal do BNG de apoio ás reivindicacións laborais dos bombeiros dos parques de Boiro e Ribeira.