APRAZAMENTO do Pleno ordinario do mes de novembro de 2025 | Concello de Boiro

O Pleno do Concello de Boiro, en sesión extraordinaria realizada o 27 de xullo de 2023, acordou en base ao previsto no artigo 20 do ROM, que o Pleno celebrará sesión ordinaria no salón de sesións con periodicidade mensual, todos os terceiros xoves non festivos de cada mes ás 20:00 horas.

O artigo 20 do ROM faculta ao alcalde por propia iniciativa e por causa xustificada para variar o día ou a hora nalgunha sesión, comunicándoo aos interesados e publicándoo no taboleiro de anuncios coa maior anticipación posible, tendo sempre en conta a dispoñibilidade de todos os membros da Corporación para facilitar a súa asistencia. 

Tendo en conta a necesidade de rematar a tramitación de expedientes administrativos, coa imposibilidade de que dita tramitaciónsexa completada coa antelación suficiente para que os/as concelleiros/as da corporación poidan examinalos de forma axeiteda resolvese ADIAR de maneira excepcional a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro para o xoves 27 de novemebro de 2025

Pleno ordinario do 23 de outubro de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 23 o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión plenaria do 10/09/2025.
  2. Participación no POS+adicional 472025.
  3. Aprobación definitiva do Plan Forestal Municipal.
  4. Convenio entre o Ministerio del Interior, a través da Secretaría General de Instituciones Penitenciarias, e o Concello de Boiro para o cumprimento e penas de traballo en beneficio da comunidade (TBC).
  5. Bonificación ICIO.
  6. Moción presentada polo grupo municipal do BNG en relación coas liquidacións do SURPP B1+B2.
  7. Moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á proposta estatal de planificación eléctrica 2025-2030 e a ALTRI.

Pleno ordinario do 31 de xullo de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 31 o Pleno ordinario correspondente ao mes de xullo de 2025. 

A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión anterior 
  2. Designación de festivos locais para o ano 2026
  3. Esquema nacional de seguridad 
  4. Declaración de deserto da Contratación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Boiro 
  5. Operación de crédito rehabilitación da Casa da Cultura

Pleno ordinario do 10 de setembro de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro mércores día 10 o Pleno ordinario correspondente ao mes de setembro de 2025.

A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación da sesión anterior
  2. Aprobación da Conta Xeral 2024
  3. Aprobación definitiva da Relación de Postos de Traballo do Concello de Boiro
  4. Reposición á dispoñibilidade de créditos
  5. Modificación puntual do PGOM vial conexión DP-1107 e DP-1106
  6. Aprobación POS+ adicional 2/2025 2ª fase
  7. Moción do grupo municipal Boiro Novo para a mellora da rede de abastecemento de auga municipal

APRAZAMENTO do Pleno ordinario do mes de xullo de 2025 | Concello de Boiro

O Pleno do Concello de Boiro, en sesión extraordinaria realizada o 27 de xullo de 2023, acordou en base ao previsto no artigo 20 do ROM, que o Pleno celebrará sesión ordinaria no salón de sesións con periodicidade mensual, todos os terceiros xoves non festivos de cada mes ás 20:00 horas.

O artigo 20 do ROM faculta ao alcalde por propia iniciativa e por causa xustificada para variar o día ou a hora nalgunha sesión, comunicándoo aos interesados e publicándoo no taboleiro de anuncios coa maior anticipación posible, tendo sempre en conta a dispoñibilidade de todos os membros da Corporación para facilitar a súa asistencia.

A sesión plenaria deste mes debería realizarse o día 17, pero coincide que entre os días 4 e 9 se celebran as festas de verán de Boiro, e que o vindeiro día 16 é festivo local (día do Carmen), celebracións que limitan a dispoñibilidade tanto para a convocatoria como para a consulta e estudo dos asuntos incluídos na orde do día por parte dos concelleiros e concelleiras.

Por ese motivo, acórdase o seguinte: 

Primeiro.- ADIAR de maneira excepcional, polos motivos indicados, a realización da sesión plenaria ordinaria do mes de xullo, que pasa do 17/07/2025 ó 31 de xullo de 2025 ás 20:00 horas, sen prexuízo da convocatoria que se reaizará no seu momento.

 

 

|