Pleno ordinario do 28 de setembro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o xoves 28 de setembro ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro na ligazón

 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión anterior
  2. Aprobación do ditame de participación no POS+ adicional 2/2023 e aprobación do proxecto de mellora do entorno e conversión a campo de fútbol de céspede artificial do campo da Mina – Lampón.
  3. Aprobación inicial do ditame sobre o orzamento do Concello de Boiro para o exercicio de 2023.
  4. Aprobación do ditame sobre a designación dos festivos locais para o ano 2024.
  5. Aprobación do ditame polo que se declara d especial interese e utilidade municipal as obras de construción promovidas pola Fundación Amicos e concesión dunha bonificación do ICIO do 95% da cota.
  6. Aprobación do díteme do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a convocatoria e desenvolvemento de todos os procesos selectivos para as prazas das diferentes categorías do corpo de Policía Local e as prazas de auxiliares de policía local do Concello de Boiro.
  7. Aprobación do ditame para a designación dos membros da comisión de estudo para a municipalización do complexo deportivo da Cachada.
  8. Moción de Boiro Novo para continuar co proceso de municipalización da piscina da Cachada.
  9. Moción do grupo municipal do PP contra a tramitación dunha lei de amnistía.
|