O Concello de Boiro celebra o vindeiro venres 9 de febreiro o Xantar de Confraternidade da Terceira Idade, unha cita anual para as persoas xubiladas maiores de 65 anos.
O xantar está previsto para 500 comensais e terá lugar o venres 9 de febreiro ás 14.00 horas no pavillón de Barraña con música e baile.
O prezo da comida será de 25 euros e poderanse inscribir no mesmo prazo as persoas empadroadas e non empadroadas maiores de 65 anos ou que acrediten a condición de xubilación. Poderase efectuar o pago con tarxeta no momento da inscrición e tamén se poderá facer a reserva previa de mesa.
Para inscribirse é preciso o DNI de todos os solicitantes.
Prazo de inscrición
Do martes 30 de xaneiro ao martes 6 de febreiro en horario de 10.00 a 12.00 horas no 2º andar do Concello de Boiro.
O Fondo Galego é unha asociación de deputacións e concellos comprometidos cos Dereitos Humanos e coa loita contra a pobreza e as desigualdades a nivel global. Funciona como un espazo transpartidario e plural, inspirado pola vontade de consenso e colaboración. Os froitos deste traballo en rede contan co aval de institucións como a Fegamp e foron recoñecidos co Premio Consello Social UVigo-Humana da Universidade de Vigo.
Desde a súa constitución en 1997, o Fondo Galego ten apoiado uns 200 proxectos de cooperación para o desenvolvemento en máis de 30 países do Sur Global, entre os que destacan Nicaragua, Cuba, Perú, Cabo Verde e, nos últimos anos, outras zonas da África lusófona e os campamentos de persoas refuxiadas saharauís. Auga, vivenda, xénero, educación ou saúde son algúns dos eidos de actuación.
Outra das principais liñas de traballo da entidade é a sensibilización da veciñanza a prol da solidariedade internacional, a realidade dos países empobrecidos ou a equidade de xénero, co fin de promover o cambio cara sociedades máis xustas e inclusivas. Impúlsanse así diversas actividades de educación para a cidadanía global, que van desde exposicións e obradoiros ata teatro, concertos, charlas, etc.
Ademais, o Fondo Galego crea oportunidades de formación e intercambio de experiencias no eido internacional para o persoal político e técnico das administracións locais socias. Desde 2015, vén apoiando asemade a localización da Axenda 2030, pois progresar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados por Nacións Unidas é tamén avanzar na xustiza social e na protección do planeta.
#oglobalélocal
https://fondogalego.gal
www.facebook.com/FondoGalego
twitter.com/FondoGalego
www.instagram.com/fondogalego