8M, Dia Internacional da Muller | Concello de Boiro

O Concello de Boiro rende homenaxe neste 8M ás mulleres que formaron parte do equipo feminino de balonmán de Boiro nos anos 60 e 70. O manifesto institucional deste ano pon o foco nas mulleres referentes actuais e do pasado como é o caso daquelas que formaron parte do equipo feminino de balonmán nos anos 60 e 70 e Lupe Tubío como referente actual a proposta de Unión de Muchachas. 

O propio venres 8 de marzo terá lugar o acto institucional ás 12.00 horas na Casa Consistorial do Concello de Boiro e que contará coa lectura dun manifesto colectivo e a representación da performance “A Serea Mariña – Elas” de Ambar e, durante a semana, publicaranse en redes sociais uns vídeos sobre mulleres que inspiran de Boiro, unha iniciativa que forma parte do proxecto “Referentes de vida, mulleres do noso pobo” que se desenvolve con Cruz Vermella.

 

Ademais, o Concello de Boiro continúa nos meses de marzo e abril co programa Muller e Saúde con novas actividades. 

Mércores 20 de marzo, 16 a 19 horas – Centro Social de Boiro: Sexualidade en mulleres adultas

Venres 22 de marzo, 16 a 19 horas – Centro Social de Boiro: Xestión emocional durante o embarazo

Sábados 6, 13 e 20 de abril, 11 horas – Centro Social de Boiro: Entrenamento activo de solo pélvico 

 

Inscrcións e información 

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 48 00 ext. 1285

|