Andaina "Boiro, en marcha contra o cancro" | domingo 15 de outubro

O Concello de Boiro colabora cunha nova edición da andaina solidaria "Boiro, en marcha contra o cancro" que organiza a Asociación Española Contra o Cancro de Boiro. 

A actividade terá lugar o domingo 15 de outubro con saída ás 10.00 horas da Praza de Galicia, cun percorrido de 5 quilómetros. 

 

Inscricións 

Mesas da AECC na rúa peonil todos os martes e sábados na rúa peonil

Oficina de Turismo de Boiro

Modas Naty

Galería Sargadelos 

Farmacia Ana Torrente

 

|