O Concello de Boiro colabora coa Irmandade do Cristo da Misericordia na programación dos actos da Semana Santa 2026 que se van desenvolver entre o 21 de marzo e o 5 de abril.
PROGRAMA:
Sábado 21 de marzo – Sábado de Lázaro
20.30h – lectura do pregón polo señor Carlos María López del Río e imposición de medallas aos novos cofrades.
Mércores 25 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores
20.00h – Triduo á Virxe das Dores
Xoves 26 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores
20.00h – Triduo á Virxe das Dores
Venres 27 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores
20.30h – festividade das Dores: misa e procesión
Domingo 29 de marzo – Domingo de Ramos
11.00h – convocatoria na Igrexa
11.30h – bendición de ramos no cruceiro de Bao, procesión e misa solemne
Mércores 1 de abril – Mércores Santo
22.00h – procesión de Nuestra Señora de la Piedad
Xoves 2 de abril – Xoves Santo
20.30h – misa da Cea de Cristo, Lavatorio e Hora Santa
22.00h – procesión Ecce Homo e Virxe da Amargura
Venres 3 de abril – Venres Santo
19.30h – celebración da Paixón de Cristo
20.30h – desenclavo
21.30h – procesión do Santo Enterro
Sábado 4 de abril – Sábado Santo
21.00h – Solemne Vixilia Pascual
Domingo 5 de abril – Domingo de Pascua de Resurección
12.00h – misa solemne de Pascua
O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro luns 5 de xaneiro de 2026.
A saída da comitiva real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e chegará á Praza de Galicia pola rúa Principal. Na Praza de Galicia haberá unha gran recepción ás SSMM os Reis Magos de Oriente, onde todos os nenos e nenas terán oportunidade de pedirlle os regalos de última hora. A comitiva regresará, como de costume, a Escarabote e rematará o percorrido na Agramuíña.
Para garantir a inclusión, a cabalgata contará cun tramo sen ruído e sen luces, que se fará na rúa Principal, no tramo comprendido entre as interseccións coa Av. de Compostela e a rúa Salvador Allende.
A comitiva está formada por 8 carrozas, incluídas as do tres Reis Magos, o nacemento e os camelos. Contará tamén con animación musical a cargo da banda OJE de Ferrol, o grupo Arume, Os Caraveiros e a charanga Equipo B.
Para a recepción das SSMM, na Praza de Galicia haberá preparada unha gran festa con chocolatada e animación con DJ Matrek dende as 17.30 horas.
Como xa é tradición, as Raíñas Magas adiantaranse ás SSMM e visitarán todas as parroquias do municipio o domingo 4 de xaneiro durante todo o día facendo o seguinte percorrido:
11.30h - Abanqueiro (Centro Social)
12.30h - Cespón (Casa dos veciños)
13.30h - Bealo (unitaria de Ponte Beluso)
16.00h - Macenda (Campo de Golf)
17.00h - Cures (Centro Social)
18.00h - Escarabote (Centro Social)
19.00h - Cabo de Cruz (Centro Social)
20.00h - Boiro (Praza de Galicia)