Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2020/2021
O Concello de Boiro desenvolve, entre o 9 de novembro de 2020 e o 8 de novembro de 2021 un Programa Integrado de Emprego destnado exclusivamente a mulleres. O programa formativo está destinado a 100 usuarias desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.
O Plan Integral de Emprego do Concello de Boiro conta co financiamento da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.
As persoas usuarias adquiren o compromiso de asistir ás sesións de orientación, participar nos obradoiros e actividades formativas e realizar custionarios de avaliación tras cada acción na que participan. As participantes recibirán unha axuda consitente en 7 euros por cada día de asistencia ás diferentes accións formativas do programa.
Inscricións
Para participar, as persoas interesadas deben acudir á oficina de emprego e solicitar que lles asignen o código 930.
Máis información
No Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira
Nos teléfonos 659 247 963 ou 650 042 409 ou nos enderezos electrónicos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
FORMACIÓN PARA O EMPREGO
Gran parte dos esforzos do programa están orientados a ofrecer diferentes itinerarios formativos dirixidos a que as 100 usuarias atopen unha saída profesional adecuada ás súas características e obxectivos individuais.
Os itinerarios que se inclúen no programa son:
Turismo
- Curso básico de recepcionista/ empregado de hotel
- Actividades e limpeza en establecementos turísticos: camareiro de pisos
- Inglés conversacional
Administración e xestión
- Técnicas de vendas e atención ao cliente
- Curso medio de aplicación de bases de datos e follas de cálculo
Industria alimentaria de producción e envasado
- Xestión do Almacén e Comercialización na Industria Alimentaria
- Manexo de carretillas elevadoras e transpaletas eléctricas
- Prevención de riscos laborais
- Manipulador de alimentos
- Envasado en cadea
- Seguridade alimentaria APPCC
- Etiquetado de alimentos
- Curso manipulador de produtos fitosanitarios Nivel Básico
- Curso seguridade alimentaria, lexislación e calidade
Formación certificable
- HOTR0108 - Operacións básicas de cociña (Certificado de profesionalidade completo)
- ADG0408 - Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (Certificado de profesionalidade completo)
FORMACIÓN TRANSVERSAL
A formación transversal serve de complemento da oferta formativa que, a través dos diferentes itinerarios, compoñen o Programa.
A proposta de accións é a seguinte:
- Información básica. Manexo das principais ferramentas ofimáticas
- Internet e redes sociais
- Ferramentas TIC para a busca de emprego: aplicacións, portas e redes sociais
- Inglés para sector servizos. Nivel iniciación
OBRADOIROS PARA A MELLORA E HABILIDADES NECESARIAS PARA O EMPREGO
Obradoiros e habilidades para a búsqueda de emprego
- Carta de presentación e CV
- As entrevistas de traballo: claves e técnicas
- Habilidades comunicativas, motivación e autoestima na busca de emprego
Coaching
- Desenvolver e despregar as potencialidades das usuarias
- Aprender a cambiar vellos hábitos e esquemas nos seus xeitos de enfrontarse á busca de emprego
- Mellorar habilidades e aumentar o rendemento
- Realizar un cambio de enfoque persoal
- Adquirir ferramentas para enfrontarse a situacións de estrés orixinado pola busca de emprego
- realizar unha reflexión crítica e autoanálise sobre as actitudes da participante fronte á busca de emprego
- Trazar pautas a seguir para incrementar o rendemento persoal e acadar maiores taxas de éxito profesional
Fomento da capacidade emprendedora
- Obradoiro de emprendemento activo
- Analizar ideas de negocio e superior
- Madurar ideas e analizar a súa viabilidade
Mobilidade laboral
- Mobilidade xeográfica e funcional. Ferramentas e fontes de información