Bases específicas da convocatoria do Concello de Boiro de subvencións para clubs deportivos federados da localidade. Ano 2018
Dentro das competencias e do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuído este Concello de Boiro (artigo 25.2.m) da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, convócanse as presentes axudas na área de deportes, destinadas a aquelas entidades deportivas sen ánimo de lucro que pretendan apoiar o deporte federado e fomentar actividades deportivas ou calquera outra actividade física de tempo libre.