Exposición: "Madeiras do Mar" - Ruth Beltrán | outubro 2023

Ruth Beltrán inaugurou este xoves no Centro Social de Boiro a mostra “Madeiras do Mar”, que se poderá visitar no segundo andar do centro durante o mes de outubro.

A mostra xorde do proxecto artístico Madeira Zombi que naceu hai tres anos e recupera madeiras abandonadas para dotalas dunha nova vida a través da súa conversión en arte. As madeiras que compoñen esta mostra están recollidas nas praias e nas rochas, son madeiras que tiveron antes unha vida útil vinculada a oficios e paisaxes.

A mostra recolle imaxes de embarcacións, industrias, oficios ou da propia vida mariña que se transfiren a pezas de madeira. Madeiras do Mar busca tamén ser unha homenaxe á tradición mariñeira e ás historias de persoas ou empresas que, co seu esforzo vital, fortaleceron o vínculo de Galicia co mar.

 

|