XX exposición da Camelia sasanqua e outras | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra os días 14 e 15 de decembro de 2024 a XX exposición da Camelia Sasanqua e outras que terá lugar no Pazo de Goiáns.
Nesta edición van participar 28 expositores de toda Galicia e Asturias, que completarán uns 48 metros de flor.
PROGRAMA
Sábado 14 de decembro
*exposición aberta ao público de 17.00 a 20.30 horas
17.00h - acto inaugural coa participación da Escola de Música de Boiro
17.30h - plantación dunha camelia sasanqua na finca de Goiáns
Domingo 17 de decembro
*exposición aberta ao público de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas
19.00h - concerto "Alalás e cantigas do camiño de Santiago" de Germán Díaz, Uxía e Sergio Tannus.