Escola de emocións: o medo | Concello de Boiro
O Concello de Boiro, a través do departamento de Servicios Sociais, impulsa unhas actividades co fin de traballar sobre o medo, a emoción da que parten todas as demais. “Escola de emocións” ten como finalidade aprender a coñecer e afrontar o medo.
As xornadas terán lugar os venres do mes de febreiro de 2023 en horario de 18.00 a 20.00 horas no Centro Social de Abanqueiro.
Inscricións
Entre o 2 e o 20 de xaneiro a través do rexistro xeral do Concello de Boiro.