Pleno ordinario do 16 de maio de 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 16 ás 20.00 horas o Pleno ordinario do mes de maio de 2024. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro

 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación, se procede, do ditame para a posta a disposición da Demarcación de Costas de Galicia dos terreos de titularidade municipal para a execución do proxecto “Mantenimineto y consolidación de la senda litoral en la playa de Ladeira do Chazo, T.M. Boiro”.
  2. Moción do grupo municipal socialista sobre o financiamento da Xunta de Galicia do servizo de axuda no fogar. 

CONSULTORIO| Falemos de sexo

Data: Os segundos xoves de cada mes

Lugar: planta baixa do Concello de Boiro (acceso pola porta lateral) 

Hora: Dende as 15:30 ata as 20:30

Descrición: De maneira confidecial falarase da saúde sexual e afectiva destinda principalmente a un público adolescente.

ELECCIÓNS EUROPEAS 2024 | xuño de 2024

O 9 de xuño de 2024 terán lugar as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024.

Entre os días 22 e 29 de abril estará exposto ao público nas oficinas do Concello o censo electoral vixente que servirá de bases para as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024, podendo nese prazo presentar reclamación administrativa sobre os seus datos. 

A Oficina do Censo Electoral ten habilitados os seguintes teléfonos de consulta: 

900 343 232 e 981 217 739

Campaña de recollida de excrementos "Sempre que pasees o can recolle o que deixa no chan"

O Concello de Boiro realiza unha campaña de concienciación para a recollida dos excrementos de mascotas "Sempre que pasees o can, recolle o que deixa no chan".

Con esta campaña o Concello quere concienciar sobre a importancia de recoller os excrementos das mascotas xa que, a maioría dos axentes patóxenos dos animais elimínanse a través dos excrementos, o que supón unha das principais fontes de contaxio tanto ao resto de mascotas como á especie humana, sendo os rapaces os máis propensos a coller unha infección.

Unha rúa limpa é unha tarxeta de presentación dunha cidade. A presenza de excrementos na vía pública resta o esforzo municipal por manter as rúas limpas e ofende aos seus residentes que ven como o propietario insolidario da mascota enlixa o seu espazo público sen importarlle as molestias que ocasiona.

A ordenanza de convivencia e medio ambiente BOP num.181 do 23 de setembro do 2013, no artigo 7 expón "Ensuciar a vía pública como consecuencia da tenza de animais" ten aparellada unha multa que vai dente os 200 ata os 750 euros.

Para favorecer a recollida de excrementos colocáronse unha papeleiras especiais con dispensadores de bolsas para a recollida de excrementos. As papeleiras estarán colocadas nos accesos ao Parque da Cachada, na rúa peonil de Boiro (Estatuto de Galicia, Santos Mieites e Pablo Iglesias). 

 

mascotas

Licitación de postos vacantes no mercadillo municipal de Boiro | Concello de Boiro

O Concello de Boiro saca a licitación as autorizacións para a ocupación de postos vacantes no mercadillo municipal dos martes de Boiro. 

O BOP núm. 68 do 8 de abril de 2024 publica a relación de postos a licitar e os requisitos. 

Consulta aqui o Prego de cláusulas administrativas.

Consulta aqui o Prego de prescripcións técnicas

Publicada a acta da apertura de ofertas, celebrada o 29/04/2024, que se pode consultar AQUI

 

mercadillo

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 dias naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio. 

A documentación presentarase nun único sobre pechado e identificado no seu exterior, con indicación da licitación á que concorren e firmados polo licitador. 

A documentación deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas. 

 

|