Curso robótica Aula CeMIT | Concello de Boiro

O Concello de Boiro leva a cabo un curso de robótica, drons, gafas de realidade virtual e impresión 3D dirixido a nenos e nenas co obxectivo de fomentar a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas que abarcará as seguintes áreas: 

  • Introdución ao manexo de drons
  • Conceptos básicos de Impresión 3D
  • Introdución a realidade Virtual
  • Introdución a Robótica
  • Uso seguro da internet e ferramentas dixitais
  • Xogos e actividades didácticas relacionadas coa informática

Datas: O curso desenvolverase desde o 10/03/2025 ata o 09/06/2025 (Non haberá curso o luns 14 de abril).

Horario: De 17:00 a 19:00 os luns.

Lugar: As clases terán lugar na aula CEMIT no 1º andar do Centro Social de Boiro, situado na rúa Poeta Manuel María s/n - 15930 Boiro

 

Publicada a relación inicial de persoas admitidas (26/02/2025), que se pode consultar aqui.

Publicada a relación definitiva e persoas admitidas (28/02/2025), que se pode consultar aqui

 

Requisitos 

Idade: Ter nado entre o 2010 e 2016

Interese na informática: Os participantes deberán mostrar interese no uso de ferramentas tecnolóxicas e programación básica

Autorización de pais ou titores: A inscrición debe contar co consentimento e firma dos pais ou titores legais

Bases íntegras dispoñibles AQUI

 

Insricións 

A inscrición deberá realizarse a través das seguintes modalidades:

Presencial: Nas oficinas do Rexistro do Concello, sito na Praza Galicia S/N 15930, Boiro, A Coruña.

En liña: A través da páxina web do Concello mediante instancia xeral na sede electrónica. Será necesario adxuntar a inscrición mediante a sede electrónica xunto cos documentos requiridos.

 

Máis información 

Aula CeMIT do Concello de Boiro

981 84 26 35 ou 629 769 139

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

|