Depor Campus 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora coa Escola de Fútbol Municipal de Boiro na celebración do Depor Campus que organiza a Fundación Deportivo. 

O campus vaise celebrar entre o 10 e o 14 de xullo nas instalacións municipais de Valiño e está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos. 

As inscricións están abertas e poden facerse ata o vindeiro 5 de xullo en deporcampus.rcdeportivo.es

|