Convocatoria de axudas para gastos sociais extraordinarios 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas destinadas a facer fronte a gastos específicos para persoas con recursos insuficientes co obxectivo de paliar situacións de exclusión social. A finalidade destas axudas é dar resposta a situacións puntuais de necesidade derivadas de gastos específicos relacionados con necesidades básicas.

O BOP núm. 155 do 18 de agosto de 2025 publica as bases reguladoras das axudas do POS+ 2025 para gastos sociais extraordinarios e a súa convocatoria.

As bases poden consultarse AQUI

 

Tipoloxía das axudas 

Liña 1. Ampliación e dotación das partidas municipais destinadas a axudas de emerxencia ás unidades de convivencia en risco de exclusión social cando exista unha ausencia ou déficit grave de recursos económicos que non asegure a cobertura das necesidades básicas como son a vivenda e gastos para o seu mantemento, alimentación, educación, gastos médicos e farmaceuticos, transporte...

Liña 2. Creación ou ampliación dos servizos para o respiro familiar e a conciliación familiar a unidades de convivencia que carezan de medios económicos para asegurar a covertura desas necesidades. 

 

Solicitudes 

A solicitude deberá formularse presentando o Anexo I cumprimentado, xunto coa documentación necesaria para xustificar o cumplimento dos requisitos establecidos. 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de novembro de 2025 ou ata que se remate a consignación orzamentaria. 

 

Máis información 

Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro 

|