Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III - Boiro | Concello de Boiro

O Concello de Boiro vai levar a cabo unha nova edición do Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III – Boiro, para o que recibe unha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade unha subvención por importe de 531.046,20 euros. 

A formación de nivel 2 estará dividida en dúas especialidades con 10 alumnos/as en cada unha. Por un lado vaise impartir a especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e por outro a de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

O alumnado participante formarase de xeito teórico e tamén práctico, para iso contará cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais cun horario de 7.30 a 15.30 horas durante 12 meses. 

Os traballos a desenvolver son: 

  • Prevención de incendios forestais en Monte Peón
  • Prevención de incendios forestais en Monte do Sino
  • Prevención de incendios forestais na zona verde dos castros de Neixón 
  • Tarefas de conservación e valorización do Camiño “A Orixe”
  • Mantemento e conservación da zona verde do Pazo de Goiáns
  • Axardinamento das rotondas de acceso ao Polígono de Espiñeira
  • Acondicionamento do xardín da Praza de Galicia

Para participar neste obradoiro dual de emprego, as persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar ‘taller de emprego’.

Consulta as bases do proceso selectivo para a contratación do alumnado do Obradoiro de Emprego AQUI

 

|