Incentivos á contratación - Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns II | Concello de Boiro
O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas destinadas a empresas e persoas empregadoras para a contratación do alumnado traballador participante no Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns II - Boiro.
O BOP número 171 do 7 de setembro de 2023 publica a convocatoria das subvencións.
Consulta as bases AQUI.
A finalidade destas subvencións é incentivar a contratación temporal por conta allea e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no obradoiro dural d emprego en xestión forestal que desenvolve o Concello de Boiro durante a anualidade 2022-2023.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as perosas empregadoras e empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten.
O importe destinado a estas axudas é de 30.000 euros, cos que se incentivarán os contratos de traballo temporais cunha subvención fixa de 1.500 euros por traballador.
Requisitos das entidades beneficiarias
- Incorporar á persoa nun posto de traballo directamente relacionado coa formación impartida no Obradoiro.
- Manter ao persoal contratado por un período mínimo de 3 meses a tempo completo.
- Realizar a contratación nos quince días seguintes á finalización do curso.
Prazo e presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro nun prazo de 15 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.