Aulas de educación para persoas adultas 2023-24 | Concello de Boiro
A Concellería de Educación do Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para as aulas de Educación Secundaria de Persoas Adultas para o curso 2023-2024. Estas ensinanzas para maiores de 18 anos que non posúan o título da ESO ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Entre os obxectivos específicos destas aulas están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. Os cursos son cuadrimestrais e o horario das clases van ser de luns a xoves de 20.00 a 22.00h na Casa da Cultura Ramón Martínez López, coa intención de que sexan compatibles coa xornada laboral.
A Aula de Educación de Persoas Adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela e o profesorado do centro desprázase a Boiro nas avaliacións.
Ofértanse 50 prazas en catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar. Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico- tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.
Prazo de presentación de solicitudes
As persoas interesadas na inscrición poden facelo presentando unha solicitude xunto co DNI e certificado de estudos realizados, no Rexistro Xeral do Concello. O modelo de solicitude (ANEXO I) que se pode descargar da ligazón deste mesma páxina ou recollela na Casa da Cultura Ramón Martínez López
Aquelas persoas que xa cursaran estudos na Aula anteriormente, so deben presentar a declaración de ter realizado estudos na mesma (ANEXO II). Este modelo pódese descargar da ligazón deste mesma páxina ou recollela na Casa da Cultura Ramón Martínez López.
O prazo de inscrición estará aberto do 6 ata o 27 de setembro.
Publicada a relación de persoas admitidas, que se pode consultar aqui.
A matrícula e a folla de autoliquidación de taxas facilitarase o día da presentación do curso no mes de outubro.
Requisitos das persoas participantes
Ter máis de 18 anos.
Poderán matricularse menores de idade, cando acrediten suficiente e documentalmente algunha das seguintes circunstancias:
- Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presencial por enfermidade ou discapacidade física.
- Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar.
- O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social.
- Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
- Cando concorran outras circunstancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tralo informe favorable do Servizo de Inspección Educativa.