Pleno ordinario do 27 de abril de 2023 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra este xoves día 27 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de abril.
A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.
Orde do día:
- Declaración institucional para o mantemento do xulgado de violencia de xénero do partido xudicial de Ribeira.
- Aprobación inicial, se procede, do ditame dos orzamentos xerais do Concello de Boiro para o exercicio 2023.
- Aprobación inicial, se procede, do ditame do crédito extraordinario núm. 1/2023 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais.
- Inclusión de proxecto no POS+ adicional 2023 e solicitude de subvención á Xunta de Galicia.
- Designación dos membros da Comisión de Estudo para o restablecemento do servizo público das actividades deportivas a desenvolver no Edificio multiusos da Cachada.
- Solicitude de adscrición da Casa do Mar de Cabo de Cruz a favor do Concello de Boiro.
- Proposta da alcaldía para solicitar que se dedique un Día das Letras Galegas a D. Ramón Martínez López.
- Resolución de recursos potestativos de reposición contra a aprobación definitiva do inventario municipal de bens.
- Distinguir a D. José Beobide Arburua, Padre Joseba, co nomeamento dunha rúa ao seu nome: renomeando a Rúa Carretera do Muelle (Lampón) por “Rúa Padre Joseba Beobide.
- Moción do BNG relativa ao 8 de marzo sobre medidas encamiñadas a blindar, garantir e defender os dereitos das mulleres así como promover a igualdade real entre mulleres e homes en Galiza.
- Moción de IC Boiro sobre a falla de seguridade cidadá no concello polo conflito coa Policía Local e o Sr. Alcalde.
- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o conflito da mexilla e apoio ao sector bateeiro.