Obradoiros Eco-lóxicos | Concello de Boiro
O Concello de Boiro colabora co Foro Ecolóxico de Boiro para o desenvolvemento dunha serie de obradoiros que se van levar a cabo no Mercado Eco-lóxico de Saberes e Sabores que se realiza os segundos e cuartos sábados de cada mes na Praza da Terceira Idade.
Os obrdoiros desenvolveranse durante o verán, en horario de mañá, coincidindo co mercado.
Os obxectivods deste programa de obradoiros son a difusión de valores sostibles dende unha perspectiva local, a promoción do mercado ecolóxico local e do Foro, a posta en valor do medio ambiente e a posta en valor dun estilo de vida local e sostible.
PROGRAMA DOS OBRADOIROS
Sábado 9 de xullo: elaboración de xabóns artesáns
- Aprender a reciclar aceite usado para facer xabon de limpeza e elaborar xabón de uso hixiénico.
Sábado 23 de xullo: elaboración de bolsos con roupa
- Darlle unha segunda vida útil a roupa vella.
- Posta en valor da costura e o traballo manual.
Sábado 13 de agosto: limpeza ecolóxica
- Aprender a usar elementos caseiro e non contaminantes para a limpeza e coidado do fogar.
- Crear conciencia sobre o impacto de productos de limpeza no medio ambiente.
Sábado 27 de agosto: obradoiro de cestería:
- Posta en valor da arte da cestería.
- Pota en valor do patrimonio social e cultural.
Sábado 24 de setembro: charla "Que é un grupo de consumo ecolóxico?"
- Difundir os valores do foro ecolóxico.
- Explicar o funcionamento e razón de ser un grupo de consumo.