San Xoán 2022 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro abre o prazo para solicitude e comunicación de cacharelas de San Xoán 2022, que afecta a todas aquelas realizadas en terreos privados e en terreos públicos delimitados o día 23 de xuño, a partir das 18.00 horas, e que deberán quedar perfectamente apagadas antes das 6.00 horas do día 24 de xuño.
So se poderán realizar as cacharelas que teñan efectuada a comunicación por escrito ao Concello de Boiro antes do día 19/06/2022.
As comunicacións deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica.
No caso das cacharelas que se realicen en terreo público delimitado a tal efecto, as persoas interesadas deben:
1. Acudir ao departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro e recibir información sobre os lugares delimitados, medidas e responsabilidades.
2. Solicitar o lugar delimitado escollido mediante o formulario dispoñible nesta web.
Consulta o bando informativo aqui.