Obradoiros Igualdade | Concello de Boiro
O Concello de Boiro, a través da área de Igualdade, desenvolve un programa de obradoiros e actividades que se van desenvolver durante os meses de abril e maio.
Obradoiros de independencia dixital: perdéndolle o medo á tecnoloxía
4, 5 e 6 de maio de 16.30 a 18.30 horas na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro
11, 12 e 13 de maio de 16.30 a 18.30 horas na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro
Obxectivos: formación en aspectos prácticos da vida cotiá que precisan da tecnoloxía. Acompañar ás mulleres a que medren na súa autonomía dixital facendo trámites en liña na administración electrónica ao tempo no que se transmiten unha serie de cuestións transversais como:
- Quen somos en internet, a nosa identidade dixital. As mulleres en internet.
- Que é a liberdade tecnolóxica (por que ás veces nos vemos na obriga de facer trámites cuns determinados sistemas operativos e non con outros).
- Como protexer os nosos datos e as nosas imaxes, que tipo de datos estamos compartindo e como nos expoñemos na rede.
Obradoiro básico de ferretería, pintura, fontanería e carpintería
Sábado 21 de maio de 11.00 a 13.30 horas no 2º andar do Centro Social de Boiro
Máis información e inscricións
Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 48 00 ext. 1285