Pleno ordinario do 19 de febreiro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 19 o Pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro.

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2026.
  2. POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios.
  3. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co financiamento de Axuda no Fogar.
  4. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación coas modificación introducidas na Lei 5/2016, de 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia.
  5. Moción do grupo municipal do BNG sobre o Centro Social de Escarabote.
  6. Moción do grupo municipal Boiro Novo/mixto para dotar de pavimento de parqué o pavillón de Praia Xardín.
  7. Bonificación ICIO explanación de parte dunha parcela no lugar de Bermo.
|