Obradoiro de Emprego xestión forestal Torre Goiáns | Concello de Boiro

O Concello de Boiro vai contar para o curso 2021-2022 cun Obradoiro dual de Emprego en xestión forestal nomeado como Obradoiro de Emprego Xestión Forestal Torre Goiáns - Boiro e que se vai impartir entre os meses de outubro de 2021 e xullo de 2022. 

A formación estará dividida en dúas especialidades: 

- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

 

O Obradoiro de Emprego Xestión forestal Torre Goiáns - Boiro vaise levar a cabo mediante o financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade, ao abeiro das saxudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. 

 

Alumnado traballador 

Ofertánse un total de 20 prazas para o alumnado traballador, dividido nas dúas modalidades que se ofertan. 

O alumnado traballador terá un contratrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo, de 40 horas semanais. 

O horario será de 7.30 a 15.30 horas

Requisitos

- Ter 18 anos 

- Estar inscrito como demandante de emprego na Oficina de Emprego

- Solicitar "obradoiros de emprego" na Oficina de Emprego 

 

Persoal docente 

Para o desenvolvemento do obradoiro vaise realizar a contratación de persoal docente. Para a contratación deste persoal vaise abrir un prazo de convocatoria pública. O persoal que se vai contratar é o seguinte: 

- 1 director/a (xornada completa que tamén fará funcións de mestre de formación en xestión empresarial) 

- 1 mestre para a especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (a xornada completa) 

- 1 mestre para a especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (a xornada completa). 

- 1 titor/a docente ao 70% da xornada. 

 

Máis información

Oficina de Orientación Laboral do Concello de Boiro

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 26 09

 

|