PEL Emprego Sustentable - Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña, a través do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, ofrece distintos itinerarios formativos co obxectivo de crear emprego no ámbito rural. 

Esta liña de actuación contempla accións en sectores como son a atención sociosanitaria, a teleasistencia, dinamización comunitaria ou guía por itinerarios de baixa e media montaña. 

 

Itinerarios formativos

Atención sociosanitaria (inscricións ata o 3 de setembro as 14:00 horas)

Atención sociosanitaria (inscricións ata o 13 de agosto as 14:00 horas)

Xestión de chamadas de teleasistencia (inscricións ata o 3 de setembro as 14:00 horas)

Dinamización Comunitaria (inscricións ata o 3 de setembro as 14:00 horas) 

Guía por itinerarios de baixa e media montaña (inscricións ata 17 de setembro as 14:00 horas) 

 

Máis información sobre os itinerarios aqui

 

Requisitos das persoas participantes 

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  • Estar empadroado/a nalgún dos concellos do proxecto.
  • Cumprir cos requisitos de acceso á formación adscritos a cada unha das acciones formativas.
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos: Persoas desempregadas de larga duración (PLD). Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ) Persoas maiores de 55 anos. Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación. Persoas inmigrantes. Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas. Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar. Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

 

Máis información

Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 26 09

 

|