Visitas guiadas muíño de Goiáns | Concello de Boiro
Turismo de Boiro organiza durante o verán visitas guiadas aos muíños de Goiáns para coñecer o funcionamento dun muíño de río.
Na zona de Goiáns consérvanse en bo estado tres muíños, dous deles abertos aos visitantes, e neles pódese ver as rodas de pedra que servían para moer o gran e facer fariña.
As visitas terán lugar os xoves en horario de 11.00 a 12.00 horas.
Reservas
Oficina de Turismo de Boiro
981 84 26 54