Cursos formativos AFD 2025/2026 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro vai desenvolver accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de persoas desempregadas no período 2025-2026
Vanse desenvolver dous cursos, que se van impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas que o Concello de Boiro ten no Polígono Industrial de Espiñeira.
Os obxectivos destas accións formativas son mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral.
- Operacións Básicas de Cociña
Nivel profesional: Nivel 1 (Formación inicial básica)
Horario: de 9.00 a 14.00 horas
Duración: 12/01/2026 – 05/05/2026
Lugar: presencial. Centro de formación e viveiro de empresas, polígono industrial de Espiñeira, Boiro
- Operacións Básicas de Restaurante e Bar
Nivel profesional: Nivel 1 (Formación inicial básica)
Horario: de 15.00 a 20.00 horas
Duración: 09/02/2026 – 19/05/2026
Lugar: presencial. Centro de formación e viveiro de empresas, polígono industrial de Espiñeira, Boiro
Requisitos das persoas aspirantes
- Estar inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Máis información e inscricións
Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 26 09
