Convocatoria de axudas para gastos sociais 2024 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas destinadas a facer fronte a gastos específicos para persoas con recursos insuficientes co obxectivo de paliar situacións de exclusión social. A finalidade destas axudas é dar resposta a situacións puntuais de necesidade derivadas de gastos específicos relacionados con necesidades básicas.
O BOP núm. 148 do 2 de agosto de 2024 publica as bases reguladoras das axudas do POS+ 2024 para gastos sociais extraordinarios e a súa convocatoria.
As bases poden consultarse AQUI.
Tipoloxía das axudas
Liña 1. Reforzo dos servizos e axudas económicas para respiro familiar e medidas de conciliación.
Liña 2. Reforzo dos dispositivos e axudas económicas para a atención a persoas sen fogar que carezan de medios económicos suficientes para asegurar a cobertura destas necesidades.
Liña 3. Axudas económicas para os gastos de consumo enerxético á persoas consumidoras.
Solicitudes
A solicitude deberá formularse presentando o Anexo I cumprimentado, xunto coa documentación recollida na base 7ª da convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de decembro de 2024 ou ata que se remate a consignación orzamentaria.
Máis información
Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro