Protocolo violencias | Concello de Boiro

O Concello de Boiro xunto co Centro de Información á Muller (CIM) elaboran un protocolo para a prevención das violencias machistas, sexuais e LGTBIfóbicas nos espacios de ocio en Boiro.

O documento recolle información para detectar os distintos tipos de violencia que se poden dar no ámbito do ocio nocturno co obxectivo de poder identificalas para saber como actuar e previlas. 

Descarga o protocolo AQUI

 

Violencias machistas

As violencias machistas son calquera acto que lle afecte ás mulleres polo feito de ser mulleres.

Tipos de violencia machista

  • Violencia física. Golpear, agarrar, ferir ...
  • Violencia patrimonial. Destruir obxetos persoais.
  • Violencia psicolóxica. Intimidar, ameazar ...
  • Violencia social. Controlar, limitar as relacións con amizades ou familiares...
  • Violencia ambiental. Uso da linguaxe machista, burlarse do xénero feminino...

 

Violencia LGTBIfóbicas

As violencias LGTBIfóbicas son calquera actitude, conduta, fomento, promoción ou incitación ao odio cara as persoas LGTBIQA+

Tipos de violencia LGTBIfóbicas

  • Insultos ou comentarios ofensivos
  • Burlas ou discriminación das persoas LGTBIQA+.
  • Poñer en ridículo a unha persoa.
  • Actitudes intimidatorias ou hostís.
  • Exhibición de símbolos ou imaxes.
  • Promover situacións de tensión ou provocar verbalmente a outra persoa.
  • Dicir a orientación sexual dunha persoa.
  • Menosprezo e negación da identidade dunha persoa ou negarse a chamar a unha persoa como ela quere que a chamen.
  • Cuestionar ou expulsar ás persoas pola súa expresión de xénero ou identidade.
  • Persecucións e agresións físicas

 

Violencia sexual

A violencia sexual é calquera acto que atente contra a liberdade sexual dunha persoa sen o seu consentimento.

Tipos de violencia

  • Linguaxe sexista. Miradas, ruidos...
  • Achegamento ou contacto físico.
  • Inducir a alguén a un estado de semi-incosciencia.
  • Ameazar ou chantaxear a realizar prácticas sexuais.
  • Acoso ou agresión sexual, incluído a violación.

 

 CÓMO ACTUAR?

  1. Valorar a situación á que te expós.
  2. Garante a túa seguridade e a da víctima.
  3. Se temes pola túa seguridade chama ao 112.
  4. Atende e acompaña á vítima.
  5. Transmítille calma e non a deixes soa.
  6. Acude ao servizos de urxencias sanitarias (061)
  7. Para identificar á persoa agresora recoméndalle que non se duche e que non mude a roupa.
  8. Ofrécete a colaborar coa túa testemuña e cos datos que coñezas da persoa agresora.

 

 

|