Muller e Saúde | Concello de Boiro

O Concello de Boiro desenvolve un novo ciclo do programa Muller e Saúde con actividades destinadas a informar formar en materia de saúde en asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller.

  • Educación emocional. Técnicas de relaxación
    Luns 29 de xaneiro | 16.30 a 18.30 horas | Centro Social de Boiro 
  • Alimentación na etapa da menopausia
    Martes 20 de febreiro | 11.00 horas | Centro de Saúde 

Estas actividades desenvólvense coa colaboración do Servizo Galego de Saúde e en consonancia co cumprimento do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

As actividades do ciclo son gratuítas e requiren inscrición previa no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro mediante o enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.

|