Actividades 25N | Concello de Boiro
O Concello de Boiro manifesta o seu rexeitamento ante todo tipo de violencia, polo que, para conmemorar o Dia Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, o Concello de Boiro organiza unha serie de actividades, como un stand con actividades e obradoiros para sensibilizar e romper cos estereotipos.
Debido á situación epidemiolóxica do municipio, este ano non se vai convocar o minuto de silencio nin se vai facer de xeito presencial a lectura do manifesto, para evitar as aglomeracións, senón que se fará a través das Redes Sociais.
Martes 24 de novemebro - Stan de Agresión Off
Praza de Galicia, de 11.00 a 17.00 horas
Obradoiros e outras actividades lúdico-formativas sobre a violencia de xénero:
- Canto de estereotipada está a túa mente? Actividade consitente en escoitar e reflexionar acerca de diferentes mensaxes que poidan inducir, moitas veces de xeito inconsciente, a pensamentos estereotipados.
- A ruleta do amor romántico. Xogo interactivo consistente en facer xirar a ruleta dos mitos sobre o amor romántico. Cando esta se pare nun mito en concreto, a persoa que xoga debe argumentar o que pensa sobre a frase que corresponda.
- Non me contes contos. Proxección de diferentes fragmentos de contos fábilas, refráns e ditos populares, co obxectivo de invitar á reflexión acerca da importancia da información que recibimos e, sobre todo, transmitimos.
- Onde está o límite? Exposición escalonada (semellando graficamente a imaxe dun termómetro) de diferentes actitudes ou comportamentos que se poden dar dentro da parella. De xeito individual ou grupal, os participantes deben decidir onde poñen o seu límite, xerand así o debate sobre a delgada liña que separa unha relación aparentemente sa dunha relación tóxica.
- Eu non necesito #filtros. Espellos que deforman ou alteran a imaxe sobre os que haberá rotuladas mensaxen que invitan a reflexionar acerca da imaxe que queremos transmitir en RRSS, incluíndo o uso de filtros para modificar aqueles aspectos físicos que non nos gustan. Neste senso, mediante mensaxes como 'a túa personalidade non tén filtro', preténdese xerar un clima de reflexión que contemple a autoestima e a valoración persoal coma o eixo principal para contruír relacións socio-afectivas saudables.
- Estás segur@ de premer o boton de enviar? Os/as participantes nesta actividade deberán decidir, coñecendo previamente os riscos e as consecuencias do sexting, se envían ou non, de xeito hipotético, o contido vinculado a esta práctica.
- Kahood da igualdade. Xogo teconolóxico online no que as persoas participantes van poder respostar a diferentes preguntas 'en liña' en directo sobre a violencia de xénero, comporbando ao momento quen acada a puntuación máis alta en cada partida.
- A información está ao alcance da túa man. A través de códigos QR os/as participantes poden acceder á información relacionada co programa, como o portal de Igualdade, os enlaces de descarga da APP AgrsiónOFF, nñumeros de teléfono da muller, etc.
- O tótem do sexismo. Haberá un totem con palabas ou frases sobre diferentes accións e actividade que aos máis cativos lles poidan resultar familiares. Na parte superior do totem situaranse duas frechas, unha que indica 'nenas' e outra 'nenos'. Os máis cativos deben decidir se as accións citadas son de nenos, de nenas ou de ámbos. Con esra actividade preténdese combater ps estereotipos e o sexismo dende a infancia, esclarecendo que non hai diferencias entre homes e mulleres á hora de realizar este tipo de accións.
- Verdade ou mito. Actividade que ten como obxectivo desterrar ideas erróneas sobre a violencia de xénero e as agresións sexuais.
- Ampliemos o decalogo contra a violencia sexual. Partindo do decalogo sobre a violencia sexual, animase aos participantes a que engadan mais palabras das xa recollidas no mesmo.
- Adiviña a adiviña... quen esta detrás de cada frase? As persoas informadoras do stand propoñeran frases asociadas a profesións que os participantes deben identificar seguindo sexan ditas por unha muller ou por un home, e razoar o porqué.