Cursos formativos AFD 2024/2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro vai impartir catro Accións Formativas para persoas Desempregadas durante o curso 2024-2025 no marco da concesión dunha subvención da
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para accións formativas do Plan formativo para o emprego.

Vanse desenvolver tres cursos, que se van impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas que o Concello de Boiro ten no Polígono Industrial de Espiñeira. 

Os obxectivos destas accións formativas son mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral.

  • Operacións Básicas de Cociña - 368 horas (do 20 de xaneiro ao 6 de maio) 
  • Operacións Básicas de Restaurante e Bar - 308 horas (marzo)
  • Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio - 618 horas (marzo)
  • Atención socisanitaria a dependentes en institucións - 468 horas (do 7 de xaneiro ao 13 de maio) 

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- ESO 

- competencias clave en nivel 2 

- certificado de profesionalidade da mesma familia nivel 1 (hostalería) 

 

Máis información e inscricións 

Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 26 09

|