Roteiro educativo en familia | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza un roteiro educativo de convivencia en familia o vindeiro 19 de outubro.


O programa da visita vai consistir nunha visita guiada pola Pontevedra monumental e ao Museo de Pontevedra; o xantar será por conta propia na área recreativa de Campo Lameiro e, pola tarde, continuará o programa cunha visita guiada á área arqueolóxica e exposición do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro e unha exhibición de lume.

A saída do autobús será ás 9.30h da Cachada, na Avenida da Constitución diante da Casa da Cultura, e o prezo da actividade será de 10 euros.

 

Inscricións e máis información 

Departamento de Educación (Casa da Cultura de Boiro) 

981 84 84 25

|