Camiñadas do verán 2017
Venres 7 de xullo ás 21:00 h.
Este venres comezan as camiñadas nocturnas de verán programadas por Turismo de Boiro. A primeira das rutas, Ruta Monte da Boliña é un percorrido de 9 km e duración estimada de 2 horas e media, que ten o punto de partida na Praza de Galicia ás 21.00 As seguintes rutas están programadas para os venres do mes de Xullo: Ruta Monte das Aldeas, Senda do Litoral de Boiro e Ruta Boiro e ofrecen unha variada paisaxe do municipio. A ruta ten unha cota de inscrición de 3.00 euros. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981842654. Oficina de Turismo. Praza de Galicia, s/n.