Recadación do I Triatlón Solidario de Boiro

A recadación do I Triatlón Solidario de Boiro celebrado o pasado 18 de xuño irá destinada a Fundación Josep Carreras contra a Leucemia e a Asociación de Loita contra o Cancro. Onte pola mañá o Alcalde fixo a entrega  ás representantes  en Boiro destas asociacións Nerea Pérez e Marisa Lojo en presenza José I. Peleteiro da empresa deportiva organizadora EcoSport Barbanza.

|