O Concello de Boiro celebra o vindeiro 7 de decembro a XX edición da carreira popular Mar de Boiro. 18º memorial Pepe Buceta.
A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do VIII Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do XI Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña.
Consta de tres categorías distintas:
Mini e Supermini - 200 metros para idades ata os 7 anos (saída ás 10.40h da rúa Peonil)
2 saídas: Mini (2016-2017-2018) e Supermini (2019 e posteriores). Saída a 200 metros da liña de meta, ao comezo da rúa peonil. O horario da saída será ás 10:40h. Os pais poden correr cos cativos da proba Supermini, pero farano ao final do pelotón, para non entorpecer aos cativos máis rápidos. Deste xeito, os inscritos na carreira longa poderán correr cos fillos na carreira Supermini antes da súa proba.
Escolares - 2.500 metros (saída ás 11.05h da rúa Principal)
Saída 5 minutos despois da categoría absoluta, na rúa Principal, fronte ó edificio do concello. Baixada pola rúa Principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos a esquerda pola Avda. Constitución, pasamos a rotonda do cruce ca Avda. Compostela e seguimos subindo toda a Avda. Constitución, pasando a rotonda da ancla e chegando á rotonda do cruce de Abanqueiro. Volta á rotonda, subida ata a rúa Estatuto de Galicia e baixada todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.
Carreira longa - 10.000 metros para categoría xeral (saída ás 11.00h da rúa Principal)
Saída na rúa Principal, fronte ao edificio do concello. Baixada pola rúa principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos á esquerda pola Avda. Constitución ata a rotonda da Avda. Compostela, torcendo á dereita en dirección a Praia Xardín. Ao final da Avda. Compostela torcemos á esquerda, entrando no paseo marítimo. Percorrido por todo o paseo marítimo ata o final do mesmo, no Saltiño. Sáese á Avda. Barraña e a 50 metros xa se colle o cruce á esquerda para subir pola Pedra da Bouza ata a Rotonda da Sestelo. Séguese pola estrada ata Triñáns e ao final torcemos á esquerda en dirección a Abanqueiro. O percorrido polas estreitas rúas de Triñáns lévanos ata a rotonda do cruce que vai para a praia de Mañóns, torcendo a dereita e dirixíndonos ata esta praia. De Mañóns seguimos a estrada ata o cruce preto da Charca de Abanqueiro. Ao final da Charca, collemos á esquerda para subir toda a recta do campo de fútbol de Abanqueiro ata chegar a Exipto, continuando recto pola estrada que pasa por Brión e, ao pasar San, torcemos á dereita en dirección á Boliña, ata chegar ao cruce ca Avda. Constitución. Aquí collemos á dereita en dirección á rotonda de Espiñeira, onde se fará un cambio de sentido (sen chegar a bordear a rotonda) para volver a baixar pola Avda. Constitución, torcemos á dereita no primeiro cruce para baixar pola rúa Estatuto de Galicia (onde está Correos) todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.
Inscricións abertas ata o xoves 4 de decembro ás 23.59 horas emesports.es
O Concello de Boiro promove unha nova edición das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2025/2026 que promove o departamento de Deportes.
Información e inscricións
Departamento de Deportes - Edificio As Colonias (Praia Xardin)
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
679 712 621 e 660 182 443
PROGRAMA DEPORTIVO PERSOAS ADULTAS
- Ximnasia para persoas xubiladas
Barraña 1. luns, mércores, venres (16:00-16:50h)
Pavillón de Barraña.
Barraña 2. luns, mércores, venres (16:50-17:40h)
Pavillón de Barraña.
Escarabote. luns, mércores, venres (18:00-18:50h)
Pavillón de Escarabote.
Comezo: 1 de outubro
Inscrición: gratuíta
- Proxecto "Boiro actívate"
(Para persoas con patoloxías ou doenzas moi específicas)
Horario: Luns, mércores e venres (11:00-12:00h)
Lugar: Pavillón da Cachada
Comezo: 1 de outubro
Inscrición: gratuíta
(para persoas de 18 a 60 anos)
Horario: luns e xoves (21.00 a 22.00h)
Lugar: pavillón de Barraña
Comezo: 2 de outubro
Inscrición: 70 euros/curso (30 euros outubro / 40 euros xaneiro)
Grupo 1. Mércores e venres (21:00-22:00h)
Pavillón de Escarabote. Comezo: 1 de outubro
Grupo 2. Martes e xoves (21:00-22:00h)
Pavillón de Valiño. Comezo: 2 de outubro
Grupo 3. Martes e xoves (20:00-21:00h)
Pavillón de Valiño. Comezo: 2 de outubro
Grupo 4. Martes e xoves (22:00-23:00h)
Pavillón de Valiño. Comezo: 2 de outubro
Inscrición: 70 Euros/curso (30 euros outubro / 40 euros xaneiro)
- Voleibol para adultos (iniciación)
(maiores de idade)
Lugar: pavillón da Cachada
Horario: martes e xoves (21.00 - 22.00h)
Comezo: 4 de setembro
Inscrición: 15 euros/mes (club de Volei)
PROGRAMA DEPORTIVO INFANTIL E XUVENIL
- Programa de mellora da motrocidade
Educación Física de Base 1 (3/4 anos)
Martes e xoves (17:15-18:05h). Pavillón de Barraña Comezo: 2 de outubro.
Educación Física de Base 2 (5/6 anos)
Martes e xoves (18:05-18:55 h). Pavillón de Barraña Comezo: 2 de outubro.
Inscrición: 50 euros/curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro)
Idades: maiores de 8 anos
Grupo 1. Luns (17:30-18:30h) Pavillón de Praia Xardín e mércores (17:30-18:30h) Pavillón de Valiño. Comezo: 1 de outubro
Grupo 2. Luns (18:30-19:30h) e venres (17:30-18:30h) Pavillón de Praia Xardín. Comezo: 3 de outubro
Grupo 3. Luns e venres (16:30-17:30h) Pavillón de Praia Xardín. Comezo: 3 de outubro
Grupo 4. Mércores e venres (19:00-20:00h) Pavillón de Escarabote. Comezo: 1 de outubro
Grupo 5. Mércores e venres (19:30-20:30h) Pavillón de Escarabote. Comezo: 1 de outubro
Inscrición: 50 Euros/curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro).
Dos 5 aos 16 anos.
Horario: Mércores sesión teórico-práctica (19:00-20:00h) e sábados sesións prácticas 11:00-13:00h).
Lugar: Pavillón de Praia Xardín
Comezo: 1 de outubro
Inscrición: pago licenza federativa
Idades: maiores de 6 anos
Lugar: Ximnasio do I.E.S. da Cachada e exteriores.
Horario: martes e xoves, das 17:00 ás 18:00h (grupo 6 a 8 anos); das 18:00 ás 19:00h (grupo 9 a 11 anos) e das 19:00 ás 20:00h (grupo 12 a 14 anos).
Comezo: 2 de outubro
Inscrición: 50 euros curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro).
- Programa de promoción do voleibol
Luns a venres nos centros de ensino (CEIP) de Boiro.
Comezo: 1 de outubro. Inscrición: gratuíta
Idades: maiores de 7 anos
Lugar: pavillón da Cachada
Horario: consultar segundo sexa masculino ou feminino e ano de nacemento.
Comezo: 1 de outubro
Inscrición: consultar segundo categoría
Iniciación e perfeccionamento (maiores de 7 anos)
Horario: (iniciación) mércores, das 18:00 ás 19:00h e (perfeccionamento) mércores das 19:00 ás 20:00h.
Lugar: Centro Social de Boiro
Comezo: 1 de outubro.
Inscrición: 50 euros curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro)
A partir dos 11 anos. Requisito: saber nadar.
Horarios: Consultar segundo categoría
Lugar: Peirao de Cabo de Cruz.
Comezo: 1 de outubro
Inscrición: pago licenza federativa
A partir dos 8 anos. Requisito: saber nadar.
Horarios: Consultar horarios categoría
Lugar: Praia Xardín.
Comezo: 1 de outubro
Inscrición: pago licenza federativa
Maiores de 6 anos. Preminibasket, minibasket, infantil, cadete e xuvenil
Horarios: Consultar horarios, segundo categoría
Comezo: 1 de outubro
Inscrición: consultar segundo categoría
- Escola deportiva de triatlón
Maiores de 8 anos
Horario: martes e xoves, das 18:00 ás 20:00h
Comezo: 2 de outubro
Inscrición: cota mensual segundo nivel.
- Escola deportiva de natación
Maiores de 8 anos
De luns a sábado
Consultar horarios segundo a idade
Comezo: 1 de outubro
Inscrición: cota mensual segundo nivel.
6-16 anos
Sábados, 11-14 h ou 16-19 h.
Lugar: Campo Golf de Macenda
Comezo: 4 de outubro.
- Vela. Escola Náutica de Boiro
8-16 anos
Sábados e domingos, das 10 ás 14 h.
Lugar: Marina de Cabo de Cruz
Comezo: 4 de outubro.
A partires dos 4 anos
Consultar horarios segundo idade/nivel
Lugar: Pavillóns Praia Xardín e Bealo