Curso de Monitorado de tempo libre Agosto 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro promove un curso de monitorado de tempo libre co obxectivo de fomentar a inserción laboral especialmente na mocidade. A formación vaise levar a cabo entre o 19 de agosto e o 29 de setembro de 2024. 

O programa do curso contempla áreas de traballo como son técnicas de acampada; educación ambiental; expresión artística; animación á lectura; socorrismo e primeiros auxilios; así como a dinámica de grupos, contextos de intervención no tempo libre ou diersidade e inclusión.

Este curso está dividido en dúas fases:

  • Formación teórica-práctica. Ten unha duración de 200 horas organizadas en 20 xornadas de 10 horas, correspondentesd polo xeral unha asignatura do plano de estudios.
  • Prácticas. Ten dúas modalidades,  unha sería 14 días de actividade intensa nunha actividades ao aire libre (campamentos colonias) en bloques non inferiores a 3 días ou 150 horas en actividades cunha entidade que trabelle no eido da educación no tempo libre.

REQUISITOS:

  • Ter 18 anos no momento de comezar o curso.
  • Estar en posesión dos estudos mínimo obrigatorios

INSCRICIÓNS:

Para desenvolver a actividade é necesario lograr un grupo mínimo de 20 persoas.

As incricións poden facerse xa de xeito presencial na Casa da Cultura de Boiro ou o teléfono 981 84 84 25.

 

|