I Concurso de Carteis Escolares 'Somos Boiro' | Concello de Boiro

O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios impulsan, xunto cos centros de ensino do municipio, a I edición do Concurso de Carteis escolares “Somos Boiro”.

O obxectivo deste concurso de carteis é sensibilizar ao alumnado da importancia do sentimento local, do que implica a posta en valor da nosa contorna. Os carteis gañadores protagonizarán a campaña de potenciación do consumo local da ABE na primavera 2024. 

Bases dispoñibles AQUI

Categorías

  • Categoría A: entre os 3 e os 6 anos.
  • Categoría B: entre os 7 e os 9 anos.
  • Categoría C: entre os 10 e os 14 anos.
  • Categoría D: máis de 15 anos.

Presentación dos traballos 

Cada alumno/a poderá participar so cun cartel que terá que levar un lema en galego. 

Para a elaboración dos traballos facilitarase unha cartolina que a persoa participante deberá entregar cubrindo no reverso o seu nome e apelidos, o curso escolar, idade, o centro de procedencia e teléfono de contacto. 

O prazo de presentación de traballos iniciarase o luns 11 de marzo e finalizará o luns 1 de abril de 2024.

Os carteis deberán entregarse no propio centro educativo aos responsables de EDLG, na Casa da Cultura ou nas oficinas da ABE. 

Descargas:
Download this file (BASES.pdf)BASES.pdf
|