XVII Encontro Arqueolóxico do Barbanza | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra os días 24 e 25 de febreiro o XVII Encontro Arqueolóxico do Barbanza que organiza o Centro Arqueolóxico do Barbanza.
Esta cita, que comezou no ano 2007, ten como obxectivo trasladar ao público os resultados dos traballos arqueolóxicos realizados na comarca do Barbanza nos que se presta especial atención á arte rupestre e ás investigacións recentes doutras partes de Galicia.
O programa deste ano conta con once ponencias nas que van participar máis dunha vintena de relatores que expoñerán os seus traballos tanto a nivel nacional como internacional.
Máis información e inscricións
Centro Arqueolóxico do Barbanza
647 922 210
www.centroarqueoloxicodobarbanza.com
PROGRAMA:
Sábado 24 de febreiro
09.00h – acreditacións e entrega de documentación
10.30h – acto de apertura
11.00h – Interpretación arqueológica y de la enfermedad a partir de los restos esqueléticos humanos (Francisco Etxebarría Gabilondo)
12.15h – descanso
12.45h – El comportamiento cultural durante el Pleistoceno Superior en África, algunos ejemplos de la Middle Stone Age sudafricana (Paloma de la Peña)
17.00h – Blandomil Soterrado ( Lino Gorgoso López)
17.30h – Adro Vello: investigación, escavación e conservación dun xacemento plural. Campañas 2022-2023 (Patricia Valle Abad, Adolfo Fernández Fernández, Marta Lago Cerviño, Elvira Mangas Carrasco, Roberto Bartolomé Abraira, Iria Veloso Pérez, Olalla López Costas, Alba Antía Rodríguez Novoa, Fermin Pérez Losada)
18.00h – Espidas polo mar: escavación e recuperación das cistas da Idade do Bronce de Punta Riason, na Illa de Arousa (Sofía Baqueiro Vidal)
18.30h – descanso
19.00h – Indagando nun novo tipo de xacemento: As rodas ou recintos circulares galegos (M.Pilar Prieto Martínez e Luis Cordeiro Maañón)
19.30h – De humanos y carnívoros en la cieva prehistórica de La Garma (Marián Cueto)
20.00h – Redescubrindo Pedra Cuberta: actuacións 2023 (Fernando Carrera Ramírez e Ramón Fábregas Valcarce)
Domingo 25 de febreiro
10.00h – La enfermedad en los albores de la humanidad: Paleopatología y evolución humana en el Este de África (Edgar Camarós)
11.15h – La formación de las sociedads de la Edad delBronce: una perspectiva paleoeconómica y arqueogenética (Roberto Risch, Vanessa Villalba e Marcelo Peres)
12.30h – descanso
12.45h – A orixe do Homo erectus e a primeira tecnoloxía Achelense no continente africano: o rexistro dos xacementos de Melka Kunture (Eduardo Méndez Quintas)
14.00h – clausura