Maio Vintage - 10º aniversario | Concello de Boiro

Boiro celebra o vindeiro sábado 6 de maio unha nova edición do Maio Vintage que organiza a Asociación Creaturas coa colaboración do Concello de Boiro e que celebra o seu 10º aniversario. 

Este ano conta coa colaboración da Asociación Boirense de Empresarios para a implicación do comercio local e a hostalaría con programación e propostas propias. 

Hai inscritos máis de 40 postos de artesanía, artigos de ilustración ou obxectos de segunda man e que se situarán ao longo da rúa peonil, e haberá varios escenarios con animación musical e obradoiros e actividades para todos os públicos durante todo o día durante o día. 

Participan tamén nesta edición entidades sociais que desenvolven a súa actividade no municipio como Unión de Muchachas, Cruz Vermella, Ambar e centros educativos.

 

Programación

11.00h – performance da Asociación Ambar

11.30h – obradoiro de creación de maios

12.00h – Marta Ríos con “Mundos contados”

12.00h – DJ: Pídechas o corpo”

13.30h – sesión vermú con Megai

16.00h – sesión infantil con Dj Matrek

17.30h – espectáculo infantil “Barullo” de Nelson

18.00h – taller de swing con Carlos Tomico

18.00h – DJ: Baño Txeku

19.00h – DJ: Rasca e Pincha

20.30h – concerto do grupo Heroínas

|