Cabalgata de Reis 2023 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro contará con dúas citas distintas previas ao Día de Reis, pensadas para nenos e nenas.
O mércores 4 de xaneiro as SSMM as Raíñas Magas visitarán todas as parroquias do municipio para recoller cartas e entregar caramelos aos nenos e nenas.
12.00h - Abanqueiro (a carón do Centro Social)
13.00h - Cespón (praza de San Roque)
14.00h - Bealo (xunto a Igrexa)
16.30h - Macenda (xunto a Igrexa)
17.30h - Cures (praza da Igrexa)
18.30h - Escarabote (a carón do Centro Social)
19.30h - Cabo de Cruz (xunto a Lonxa)
20.30h - Boiro (Praza de Galicia)
O xoves 5 de xaneiro, Gran Cabalgata de Reis
Saída ás 17.00 horas da Magdalena e chegada á Praza de Galicia de Boiro, onde as SSMM recibirán aos nenos e nenas. Regreso a Escarabote.
*O percorrido contará cun tramo para persoas con TEA, sen música e sen luces, na rúa Principal no tramo comprendido entre a Av. de Compostela e a rúa Salvador Allende.